20 de nov. de 2018

Día do peón


Un curso máis, como xa é costume no noso colexio, celebramos o "DÍA DO PEÓN" con obradoiros impartidos polos mestres José Manuel Míllara e Manel Porteiro.
Con moita paciencia explicáronnos as partes e elementos que o compoñen, o tipo de madeira con que se fan e sobre todo déronnos uns cantos consellos para conseguir bailalo.
Aínda que ao principio non resultaba moi doado, conseguimos facelos bailar e ata houbo quen se fixo todo un experto.

Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS da nosa web

26 de xuño de 2018

A MELLOR SOPA DO MUNDO


NÓS TAMÉN CREAMOS
Os nenos/as de primeiro participaron no programa “Nós tamén creamos” do Plan Proxecta, que consiste na realización dunha curta.
Todos os alumnos escoitaron con atención os diferentes contos que o programa nos facilitou, elixindo entre todos aquel que máis lles gustou para a elaboración da curta.
Logo levaron a cabo a realización dos bocetos e personaxes en plastilina.
Fixeron o deseño da escenografía e a montaxe dos diferentes planos da filmación, gravaron as voces, a música e a curta, con diferentes programas informáticos.
Por último chegou o gran estreno mundial da nosa curta: “A MELLOR SOPA DO MUNDO”





28 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Este ano a Real Academia Galega dedicou esta data a escritora Mª Vitoria Moreno pola súa obra e pola defensa do noso idioma.
Nas clases lemos algúns dos seus libros, "Leonardo e os fontaneiros", "Eu conto, ti cantas", 
"A festa no faiado", "E haberá tirón de orellas"... 
Fixemos actividades en papel e on-line para coñecer á autora e a súa obra.
Ademáis, en todas as clases elaboramos fermosos marcapáxinas tomando como modelo as caricaturas creadas por José Manuel Míllara, mestre do noso colexio.
Por detrás decorámolos con títulos e debuxos dalgunhas das súas obras.
Ao final plastificámolos, quedaron preciosos.

9 de abr. de 2018

LUDOTECA LINGUÍSTICA

LUDOTECA  LINGÜÍSTICA

Promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, chegou a actividade “Ludoteca Lingüística” que combina a  xogos tradicionais e xogos lingüísticos para fomentar o uso do galego dun xeito lúdico.

Para ver imaxes, visita a GALERÍA DE FOTOS da nosa web. 


19 de nov. de 2017

A vella tenda de OUTONO

Coa chegada do outono, no colexio montamos "A vella tenda de outono",
 unha exposición de produtos propios da estación así como de obxectos

que rememoran as tradicións dos nosos antergos.

14 de mar. de 2017

Correo Illas Cíes

C O R R E O   I L L A S   C Í E S

Pulsando na imaxe comprobaredes con que ilusión participa o alumnado 4º
na actividade de correo escolar cos compañeiros do CEIP Illas Cíes
Correo Illas Cíes