16 de nov. de 2010

XORNADA GASTRONÓMICA


Para rematar coas actividades de outono programadas no centro, celebramos esta XORNADA GASTRONÓMICA  cunha convivencia co alumnado de 5 anos da E.E.I. Monte da Guía.
Os días anteriores, nas clases de 1º e 2º prepararon a invitación para que acudiran á festa.  

Grazas as familias do 1º ciclo e ao profesorado do centro pola aportación de tan saborosas sobremesas.

Estaban boísimas.
Mirade que boa pinta tiñan.
Agora queda recompilar as receitas que, coa colaboración das familias, faremos nos vindeiros días.

31 de out. de 2010

Quincena Temática

 
Con motivo da celebración do Samaín o colexio Santa Tegra adica a súa primeira quincena temática ás lecturas de medo. Por ese motivo, o título desta quincena temática é:
No corredor da planta baixa temos unha exposición de libros clasificados por ciclos para que todos e todas poidamos disfrutar dunha lectura terrorífica.

 
 Esperamos que todo o alumnado a visite e escolla algún libro para ler. Tamén vos animamos a que comentedes no blog os libros que vaiades lendo e contedes a vosa experiencia, cal ou cales vos gustaron máis e por que.

29 de out. de 2010

Exposición de froitos de outono

 

Seguindo coa tradición do noso colexio, xa temos posta a mesa de outono cos froitos típicos da estación.
Grazas as familias do colexio pola súa colaboración aportando castañas, noces, millo, cogomelos, figos, avelás e moitos froitos máis.
Para os que non poidan visitar esta mostra de froitos de outono, aquí ensinamos o resultado do noso traballo.

13 de set. de 2010

Estamos empezando

Benvidos a esta nova andaina do Equipo de Normalización do CEP Santa Tegra.
Con este blog pretendemos publicar as actividades que ao longo do curso se realicen no centro para fomentar non só o uso do galego senón tamén para afondar nun mellor coñocemento da cultura galega.
Invitámosvos a que nos acompañedes e compartades con nós este proxecto.
                                                   GALEGUEAMOS xuntos?