31 de out. de 2010

Quincena Temática

 
Con motivo da celebración do Samaín o colexio Santa Tegra adica a súa primeira quincena temática ás lecturas de medo. Por ese motivo, o título desta quincena temática é:
No corredor da planta baixa temos unha exposición de libros clasificados por ciclos para que todos e todas poidamos disfrutar dunha lectura terrorífica.

 
 Esperamos que todo o alumnado a visite e escolla algún libro para ler. Tamén vos animamos a que comentedes no blog os libros que vaiades lendo e contedes a vosa experiencia, cal ou cales vos gustaron máis e por que.

29 de out. de 2010

Exposición de froitos de outono

 

Seguindo coa tradición do noso colexio, xa temos posta a mesa de outono cos froitos típicos da estación.
Grazas as familias do colexio pola súa colaboración aportando castañas, noces, millo, cogomelos, figos, avelás e moitos froitos máis.
Para os que non poidan visitar esta mostra de froitos de outono, aquí ensinamos o resultado do noso traballo.