16 de nov. de 2010

XORNADA GASTRONÓMICA


Para rematar coas actividades de outono programadas no centro, celebramos esta XORNADA GASTRONÓMICA  cunha convivencia co alumnado de 5 anos da E.E.I. Monte da Guía.
Os días anteriores, nas clases de 1º e 2º prepararon a invitación para que acudiran á festa.  

Grazas as familias do 1º ciclo e ao profesorado do centro pola aportación de tan saborosas sobremesas.

Estaban boísimas.
Mirade que boa pinta tiñan.
Agora queda recompilar as receitas que, coa colaboración das familias, faremos nos vindeiros días.