17 de nov. de 2011

Samaín


Co Samaín celebramos o fin do verán e o comezo do inverno como facían antigamente os celtas.
No noso colexio festexámolo na semana do 24 ó 28 de outubro decorando, cunhas cortinas feitas con morcegos, pantasmas e cabazas, corredores, aulas e escaleiras .
 
 Tamén fixemos unha exposición de libros “arrepiantes” cos que disfrutamos e nos asustamos moitísimo.
 
       Pasámolo tan, tan ben, e quedounos tan, tan bonito o cole, que ata veu… o xornal a facernos unha reportaxe, (veriadesnos!, non?). 

23 de out. de 2011

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

     O 21 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º fomos á aula de música para facer un OBRADOIRO DE “REGUEIFAS”, é decir, un achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... todo isto da man de Luís O Caruncho e Pinto de Herbón.
     Primeiro regueifaron entre os dous pero improvisando no momento con alusión ao colexio e ao alumnado presente.
     Logo explicáronnos a súa orixe (versión doutros lugares), características e como se facían (mesmo con “leixaprén”); brevemente as regueifas son:
    -       Coplas populares de catro versos
    -       Os versos son octosílabos
    -       Riman os pares: 2º e 4º
    -       A rima pode ser asoante ou consoante
    -       Cántase cun rimo dado.
 


Aí van as nosas regueifas, fixémolas individuais pero tamén colectivas.
 
Eu non o tiña moi claro
parecía un poema
pero de verdade era
unha verdadeira queima.
Eu estaba paseando
tropeceime cunha  rocha
xa non me quedaba forza
e caínme nunha poz
                                                                Con leixaprén
Na granxa do meu avó
onde había un cabalo
que se parecía moito
á cariña do meu galo.

A cariña do meu galo
era rosa e vermella
non se parecía nada
á cara da miña ovella.

A cara da miña ovella
era bastante feíña
non estaba trasquilada
e tiña forma de piña.

E tiña forma de piña
como a casa “Bob esponxa”
tamén era amarela
como a filla dunha monxa.
Son un pouco despistado
un día partín a cara
o doutor recomendoume
que me quedara na cama.

Que me quedara na cama
coas pernas destrozadas
o brazo acoitelado
e a cara magullada.

E a cara magullada
eu choraba a riadas
visitoume a familia
cun montón de lambetadas

Cun montón de lambetadas
picáronseme as moas
e quedáronme moi mal
tiven que quitalas todas.

      Son as once da mañá
      Esta rima xa termina
      Vamos rematándoas xa   
      Xa chegou a despedida.

8 de xuño de 2011

Visita do centro de día Atalaia


O noso colexio invitou a un grupo de maiores do Centro de día Atalaia para compartir co alumnado de 1º, 2º e 3º curso unha actividade moi especial.



O pasado día 2 de xuño, compartimos unha xornada única, na que os maiores contaron un conto aos nenos “ As enrugas do avó” , tamén contaron adiviñas ás que o alumnado tiña que dar resposta, e por último, con instrumentos tradicionais, como pandeiretas e cunchas de vieira, ensináronos unha canción popular  “ O mazarico”.
 

 
Foi unha xornada moi enriquecedora para todos/as, tivemos moito gusto de coñecelos e esperamos poder visitalos no seu centro o próximo ano.

Moitas grazas por compartir a súa sabiduría e grazas tamén as coidadoras que participaron con moito entusiasmo para que esta actividade tivese tanto éxito.
Esperamos volver a velos pronto!


2 de xuño de 2011

CANTO CONTAS!


 A última quincena temática que estivo exposta no corredor levou o título de "Canto contas!" e estivo dedicada aos contos populares e tradicionais. O alumnado do colexio tivo a ocasión de ler estes contos en galego e participaron na decoración do espazo de lectura.
Desexamos que esta actividade fose do voso agradado e vos servise para ter máis gusto pola lectura en galego.


XOGOS POPULARES

O alumnado de 6º curso foi invitado a unhas Xornadas de ogos populares organizadas polos estudantes do ciclo formativo de TAFAD do IES de A Guía, o pasado xoves 19 de maio.
O encontro realizouse na carballeira do Monte da Guía, alí os rapaces e rapazas tiveron ocasión de coñecer, xunto con outros grupos de máis colexios invitados, unha morea de xogos populares, nos que participaron por grupos.



Aquí se expoñen algún dos momentos de xogo, nos que como se pode ver, xogaron a chapas, petanca, tabas, pelouros,  arrincanabos… 
Foi unha xornada moi entretida e divertida.
O noso agradecemento a Antonio Piñeiro (organizador da xornada) por darnos a oportunidade de disfrutar de tan grata convivencia.

27 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

 
Foron varias as actividades que se fixemos no colexio para festexar o Día das Letras Galegas. 
  • - Elaboramos un mural que utilizamos de fondo na gravación dun vídeo que colgaremos na páxina web.
  • - Nas clases traballouse sobre a vida e obra do autor Lois Pereiro.
  • - Decoramos os corredores con carteis explicativos e sobre os que o alumnado fixo traballos para a aula.
  • - Visitou ao alumnado de 3º ciclo o autor da biografía de Lois Pereiro, Marcos Calveiro.

26 de maio de 2011

Correlingua 2011



O pasado día 12 de maio o C.E.P Santa Tegra-Teis participamos na actividade do Correlingua que se organiza en diferentes lugares de Galicia.

Distintos colexios de Vigo fixemos unha marcha dende a Praza do Rei ata o Parque Quiñones de León en prol do uso da lingua galega.

  


O lema  
“ En Galego sempre somos!”






 Entrando neste enlace podedes ler o Manifesto 2011 desta actividade e coñecer un pouco máis sobre ela.

28 de abr. de 2011

DE BOCA EN BOCA


Na quincena previa ás vacacións de Semana Santa o alumnado do colexio Sta Tegra tivo a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre poesía.

 

Polo corredor, fronte a biblioteca, pasaron moitos nenos e nenas que disfrutaron da poesía cos libros que estiveron expostos.



Agradecemos o interese e implicación nesta actividade de lectura.


Proximamente…

  "Lecturas temáticas adicadas aos contos populares"


Non vos esquezades de vir ler os contos.
Estanvos esperando!        


  

25 de feb. de 2011

Camiño da lingua


O camiño da lingua é un xogo que semella o xogo da oca, no que participaron o alumnado de 2º e 4º curso.
Trátase dun xogo temático onde os participantes teñen a ocasión de coñecer mellor o idioma galego e ademais achegarnos ao noso entorno con preguntas sobre lugares da cidade de Vigo.
O taboleiro
 
Nalgúns cadros do taboleiro tiveron que xogar en equipo, ler trabalinguas, completar un refrán ou xogar a un dominó para recoñecer distintos lugares da cidade.
  Ao final repartíronse uns móbiles para escribir a palabra "lingua" en diferentes linguaxes ou linguas, con bandeiras, en braille, en árabe, etc…


 

20 de feb. de 2011

Día da PAZ


O día 28 de xaneiro festexouse o día da paz no noso colexio. Lembramos que a paz se traballa na convivencia diaria coas nosas familias e coas persoas que compartimos o día a día, pero non por iso deixamos de recordalo por medio de diferentes actividades que se fixeron na clase e con todo o colexio.

No corredor do colexio expuxéronse libros con temática sobre valores referidos á paz, á amizade, o compañeirismo, a tolerancia e o respeto cara os demáis.
Este é un pequeno exemplo dos libros que o alumnado tivo ocasión de ler durante esta quincena.




Cada clase elexiu unha frase de paz para traballar con ela e facer murais que se colocaron tanto dentro de clase como nos corredores do colexio.


  

Tamén traballamos o poema de Antonio García Teijeiro titulado ”Se eu poidese…” Cada clase aprendeu unha estrofa, escribíndoa e decorándoa nun folio para facer un mural fronte os libros no corredor.
Xuntámonos todo o colexio no patio para construír un muro con “ladrillos” feitos polo alumnado coa axuda das súas familias. Ao tempo que se construía o muro puxemos a canción de Antonio Flores “ Non dudaría” que todos aprendemos durante a semana. Unha vez feito o muro, un alumno/a de cada clase derrubou unha parte do mesmo mentres se recitaban as estrofas do doema “Se eu poidese…”
Este acto simbolizaba o derrube das fronteiras e prexuízos que nos formamos socialmente, abrindo así o espazo a favor da tolerancia e o respecto polas persoas coas que convivimos e do noso entorno.

11 de feb. de 2011

O APALPADOR


O Apalpador é un vello carboeiro que vive nas devesas do Courel e todos os anos, polo Nadal, baixa a apalpar as barriguiñas dos cativos para ver se están ben mantidos, deixándolles unha presa de castañas e as veces tamén agasallos feitos de madeira.
Se queredes coñecer mellor ao apalpador podedes entrar na súa páxina web, onde atoparedes un libro sobre a súa historia e moitas máis actividades.
 
  
O alumnado traballou, no encerado dixital, divertidas actividades coas que se achegaron a figura do apalpador. Logo fixeron fermosos debuxos para o mural que se colocou no corredor da entrada do colexio. 


Tamén se leron varios libros para coñecelo mellor.
“ O conto do Apalpador” 
 “ Antón e o Apalpador”
“ O Apalpador”






 
Os rapaces e rapazas de 1º ciclo levaron unha sorpresa, cando pola porta da clase apareceu un home con barba laranxa, camisa de cadros e unha cachimba. Todos pensamos que era o Apalpador, pero non, era o seu axudante, tocou as barriguiñas dos rapaces e rapazas, e como se notaba que estaban ben mantidos díxolles… “Así, así, así esteas todo o ano”  e doulles unha presa de castañas.
Aquí vos ensinamos as caras que puxeron os nenos e nenas cando viron ao axudante do Apalpador.