25 de feb. de 2011

Camiño da lingua


O camiño da lingua é un xogo que semella o xogo da oca, no que participaron o alumnado de 2º e 4º curso.
Trátase dun xogo temático onde os participantes teñen a ocasión de coñecer mellor o idioma galego e ademais achegarnos ao noso entorno con preguntas sobre lugares da cidade de Vigo.
O taboleiro
 
Nalgúns cadros do taboleiro tiveron que xogar en equipo, ler trabalinguas, completar un refrán ou xogar a un dominó para recoñecer distintos lugares da cidade.
  Ao final repartíronse uns móbiles para escribir a palabra "lingua" en diferentes linguaxes ou linguas, con bandeiras, en braille, en árabe, etc…


 

20 de feb. de 2011

Día da PAZ


O día 28 de xaneiro festexouse o día da paz no noso colexio. Lembramos que a paz se traballa na convivencia diaria coas nosas familias e coas persoas que compartimos o día a día, pero non por iso deixamos de recordalo por medio de diferentes actividades que se fixeron na clase e con todo o colexio.

No corredor do colexio expuxéronse libros con temática sobre valores referidos á paz, á amizade, o compañeirismo, a tolerancia e o respeto cara os demáis.
Este é un pequeno exemplo dos libros que o alumnado tivo ocasión de ler durante esta quincena.




Cada clase elexiu unha frase de paz para traballar con ela e facer murais que se colocaron tanto dentro de clase como nos corredores do colexio.


  

Tamén traballamos o poema de Antonio García Teijeiro titulado ”Se eu poidese…” Cada clase aprendeu unha estrofa, escribíndoa e decorándoa nun folio para facer un mural fronte os libros no corredor.
Xuntámonos todo o colexio no patio para construír un muro con “ladrillos” feitos polo alumnado coa axuda das súas familias. Ao tempo que se construía o muro puxemos a canción de Antonio Flores “ Non dudaría” que todos aprendemos durante a semana. Unha vez feito o muro, un alumno/a de cada clase derrubou unha parte do mesmo mentres se recitaban as estrofas do doema “Se eu poidese…”
Este acto simbolizaba o derrube das fronteiras e prexuízos que nos formamos socialmente, abrindo así o espazo a favor da tolerancia e o respecto polas persoas coas que convivimos e do noso entorno.

11 de feb. de 2011

O APALPADOR


O Apalpador é un vello carboeiro que vive nas devesas do Courel e todos os anos, polo Nadal, baixa a apalpar as barriguiñas dos cativos para ver se están ben mantidos, deixándolles unha presa de castañas e as veces tamén agasallos feitos de madeira.
Se queredes coñecer mellor ao apalpador podedes entrar na súa páxina web, onde atoparedes un libro sobre a súa historia e moitas máis actividades.
 
  
O alumnado traballou, no encerado dixital, divertidas actividades coas que se achegaron a figura do apalpador. Logo fixeron fermosos debuxos para o mural que se colocou no corredor da entrada do colexio. 


Tamén se leron varios libros para coñecelo mellor.
“ O conto do Apalpador” 
 “ Antón e o Apalpador”
“ O Apalpador”






 
Os rapaces e rapazas de 1º ciclo levaron unha sorpresa, cando pola porta da clase apareceu un home con barba laranxa, camisa de cadros e unha cachimba. Todos pensamos que era o Apalpador, pero non, era o seu axudante, tocou as barriguiñas dos rapaces e rapazas, e como se notaba que estaban ben mantidos díxolles… “Así, así, así esteas todo o ano”  e doulles unha presa de castañas.
Aquí vos ensinamos as caras que puxeron os nenos e nenas cando viron ao axudante do Apalpador.