8 de xuño de 2011

Visita do centro de día Atalaia


O noso colexio invitou a un grupo de maiores do Centro de día Atalaia para compartir co alumnado de 1º, 2º e 3º curso unha actividade moi especial.



O pasado día 2 de xuño, compartimos unha xornada única, na que os maiores contaron un conto aos nenos “ As enrugas do avó” , tamén contaron adiviñas ás que o alumnado tiña que dar resposta, e por último, con instrumentos tradicionais, como pandeiretas e cunchas de vieira, ensináronos unha canción popular  “ O mazarico”.
 

 
Foi unha xornada moi enriquecedora para todos/as, tivemos moito gusto de coñecelos e esperamos poder visitalos no seu centro o próximo ano.

Moitas grazas por compartir a súa sabiduría e grazas tamén as coidadoras que participaron con moito entusiasmo para que esta actividade tivese tanto éxito.
Esperamos volver a velos pronto!


2 de xuño de 2011

CANTO CONTAS!


 A última quincena temática que estivo exposta no corredor levou o título de "Canto contas!" e estivo dedicada aos contos populares e tradicionais. O alumnado do colexio tivo a ocasión de ler estes contos en galego e participaron na decoración do espazo de lectura.
Desexamos que esta actividade fose do voso agradado e vos servise para ter máis gusto pola lectura en galego.


XOGOS POPULARES

O alumnado de 6º curso foi invitado a unhas Xornadas de ogos populares organizadas polos estudantes do ciclo formativo de TAFAD do IES de A Guía, o pasado xoves 19 de maio.
O encontro realizouse na carballeira do Monte da Guía, alí os rapaces e rapazas tiveron ocasión de coñecer, xunto con outros grupos de máis colexios invitados, unha morea de xogos populares, nos que participaron por grupos.



Aquí se expoñen algún dos momentos de xogo, nos que como se pode ver, xogaron a chapas, petanca, tabas, pelouros,  arrincanabos… 
Foi unha xornada moi entretida e divertida.
O noso agradecemento a Antonio Piñeiro (organizador da xornada) por darnos a oportunidade de disfrutar de tan grata convivencia.