23 de out. de 2011

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

     O 21 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º fomos á aula de música para facer un OBRADOIRO DE “REGUEIFAS”, é decir, un achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... todo isto da man de Luís O Caruncho e Pinto de Herbón.
     Primeiro regueifaron entre os dous pero improvisando no momento con alusión ao colexio e ao alumnado presente.
     Logo explicáronnos a súa orixe (versión doutros lugares), características e como se facían (mesmo con “leixaprén”); brevemente as regueifas son:
    -       Coplas populares de catro versos
    -       Os versos son octosílabos
    -       Riman os pares: 2º e 4º
    -       A rima pode ser asoante ou consoante
    -       Cántase cun rimo dado.
 


Aí van as nosas regueifas, fixémolas individuais pero tamén colectivas.
 
Eu non o tiña moi claro
parecía un poema
pero de verdade era
unha verdadeira queima.
Eu estaba paseando
tropeceime cunha  rocha
xa non me quedaba forza
e caínme nunha poz
                                                                Con leixaprén
Na granxa do meu avó
onde había un cabalo
que se parecía moito
á cariña do meu galo.

A cariña do meu galo
era rosa e vermella
non se parecía nada
á cara da miña ovella.

A cara da miña ovella
era bastante feíña
non estaba trasquilada
e tiña forma de piña.

E tiña forma de piña
como a casa “Bob esponxa”
tamén era amarela
como a filla dunha monxa.
Son un pouco despistado
un día partín a cara
o doutor recomendoume
que me quedara na cama.

Que me quedara na cama
coas pernas destrozadas
o brazo acoitelado
e a cara magullada.

E a cara magullada
eu choraba a riadas
visitoume a familia
cun montón de lambetadas

Cun montón de lambetadas
picáronseme as moas
e quedáronme moi mal
tiven que quitalas todas.

      Son as once da mañá
      Esta rima xa termina
      Vamos rematándoas xa   
      Xa chegou a despedida.