4 de nov. de 2012

Mesa de OUTONO

Chega o outono e no cole, en colaboración coas familias, preparamos a Mesa de OUTONO, unha exposición de froitos propios desta estación do ano na que non falta de nada: cogomelos, millo, laranxas, mazás, cabazas, marmelo, abelás, noces,...
Por suposto que non faltan as castañas coas que o venres día 9 faremos un bo MAGOSTO. Será unha xornada divertida que acompañaremos cos tradicionais XOGOS POPULARES.

2 de nov. de 2012

EXPOSICIÓN LIBROS DE MEDO



"Terroriiiiiífica" exposición de libros de medo que, coincidindo coa celebración do SAMAÍN, está instalada no corredor de entrada á biblioteca




Con este cartel Fervello, o trasno da nosa biblioteca, invítanos a "pasalo de medo" e tremer coas historias dos libros da exposición.   

 
Pode ser visitada polo alumnado en horario escolar e polas tardes en compañía das súas familias. 

30 de maio de 2012

Actividade de lectura

Madriñas e padriños lector@s foi unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro xunto co da EEI Monte da Guía, para impulsar e fomentar a lectura en Lingua Galega no noso alumnado.
Durante o curso, na clase de 2º prepararon lecturas para contarllas aos nenos e nenas de Educación Infantil.
Chegou o día e alá foron, ilusionados aínda que algo nerviosos.
Os cativos escolleron un “rapaz contacontos”.
Distribuídos en pequenos grupos, cada madriña e padriño lector leulle un conto a un grupiño de nenos.
Elixiron distintos lugares do xardín da escola e alí, cada un levou á súa pequena audiencia.
A música clásica que soaba de fondo dáballes paz e serenidade.
 O resultado foi estupendo.
Para ver máis fotos pulsa AQUÍ

22 de feb. de 2012

PAZ 2012


O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola  PAZ e Non Violencia. 
Cada curso aproveitamos para reflexionar sobre o tema co noso alumnado. Nas aulas xorden preguntas:“Que é a Paz?” “Por que é tan importante? “Como podemos contribuír para conseguila?”…
Aínda que son cuestións difíciles de responder, aparecen aportacións moi interesantes que este ano recollemos nos murais expostos no corredor e nas escaleiras.
Ademais, celebramos o día cunha danza conxunta no patio e coa formación da palabra PAZ con todo o alumnado.
Aquí vos deixamos as imaxes.