8 de dec. de 2013

MAGOSTO 2013






O luns, 11 de novembro, aproveitando a chegada do bo tempo, os nenos e nenas do noso cole puideron gozar no mesmo día, do Magosto e do Día do peón.
Comezamos esta xornada festiva no recreo, onde o noso alumnado tivo a oportunidade de recordar e practicar o xogo do peón. A algúns custoulles máis ca outros, pero o importante foi que tiveron a oportunidade de pasalo xenial cun xogo do que moitos dos seus pais e avós son grandes coñecedores.
Ao remate do recreo, cada clase, identificada de forma característica, realizou unha xincana de xogos populares relacinados co Magosto, como “O baile da castaña” ou “A carreira de sacos” entre outros.
Para finalizar, merendamos unhas castañas quentiñas e riquísimas, asadas polo noso conserxe e coa colaboración de membros da Anpa.



Pasámolo fenomenal ese día!

15 de maio de 2013

CANTAMOS OS MAIOS


O día 10, o alumnado de 5º, coas nosas mestras Rosa e Esther,  fomos á escola de infantil "Monte da Guía" para celebrar os maios. Alí tamén estaban as persoas maiores do Centro de Día Atalaia.
As mestras de infantil dividíronnos en tres obradoiros para facer: grilandas,  unha coroa e un cartel.
Traballamos todos xuntos e pasámolo moi ben. Ademais, cando rematamos, invitáronnos a comer froita e estaba boísima. Tamén saímos un rato a xogar ao patio de recreo.


Á volta, comezamos a decorar o maio con todo o que fixeramos nos obradoiros e tamén con flores que foron colocando as persoas maiores. 
                                   Quedou moi bonito!

 Despois foi a hora de cantar e bailar.  Nós, os de 5º cantamos as coplas que prepararamos na clase. A continuación, os maiores do Atalaia ensináronnos un baile moi divertido e por último, os nenos e nenas de infantil tamén fixeron outro moi chulo.

Pasámolo xenial con todas as actividades que fixemos e lembramos o ben que o pasabamos no cole de enriba fai algúns anos. Ah!, e tamén recordamos á Tegriña, a nosa mascota de infantil, que quedou adornando a coroa do noso maio.

Ao día seguinte algunhas Anpas de Teis, os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres e moitos nenos e nenas, levamos os maios á Riouxa. A nosa Anpa levou unha “Batea” moi orixinal. Con mexilóns e todo! Cantamos as coplas entre pais, nais e alumnos, xunto cos de infantil. 

                  
              Viva esta festa da primavera!

Máis información:

Blog Centro Atalaia
Blog EEI Monte da Guía

18 de feb. de 2013

ENTROIDO 2013


Despois de tantos días preparando os traxes e ensaiando as actuacións, chegou o día da festa. 
Polo patio empezaron a desfilar personaxes de películas coñecidas por todos, 101 Dálmatas, Charlie e a fábrica de chocolate e Harry Potter.
  
 

O 1º ciclo, "graciosísimos", vinte e sete dálmatas cheíños de manchas e tres "Cruelas de Vil" que non daban ningún mediño.



Os "Oompa Loompa" do 2º ciclo están moi ocupados tras unha acaramelada xornada de traballo na fábrica de Willy Wonka.







O 3º ciclo, convertidos en alumnos e profesores de Hogwarts, decidiron deixar, por un día, a súa escola para pasar un rato máxico con nós. Coas súas variñas, capas e gravatas leváronnos a un mundo FANTÁSTICO.


                                  Máis fotos na GALERÍA da nosa web