15 de maio de 2013

CANTAMOS OS MAIOS


O día 10, o alumnado de 5º, coas nosas mestras Rosa e Esther,  fomos á escola de infantil "Monte da Guía" para celebrar os maios. Alí tamén estaban as persoas maiores do Centro de Día Atalaia.
As mestras de infantil dividíronnos en tres obradoiros para facer: grilandas,  unha coroa e un cartel.
Traballamos todos xuntos e pasámolo moi ben. Ademais, cando rematamos, invitáronnos a comer froita e estaba boísima. Tamén saímos un rato a xogar ao patio de recreo.


Á volta, comezamos a decorar o maio con todo o que fixeramos nos obradoiros e tamén con flores que foron colocando as persoas maiores. 
                                   Quedou moi bonito!

 Despois foi a hora de cantar e bailar.  Nós, os de 5º cantamos as coplas que prepararamos na clase. A continuación, os maiores do Atalaia ensináronnos un baile moi divertido e por último, os nenos e nenas de infantil tamén fixeron outro moi chulo.

Pasámolo xenial con todas as actividades que fixemos e lembramos o ben que o pasabamos no cole de enriba fai algúns anos. Ah!, e tamén recordamos á Tegriña, a nosa mascota de infantil, que quedou adornando a coroa do noso maio.

Ao día seguinte algunhas Anpas de Teis, os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres e moitos nenos e nenas, levamos os maios á Riouxa. A nosa Anpa levou unha “Batea” moi orixinal. Con mexilóns e todo! Cantamos as coplas entre pais, nais e alumnos, xunto cos de infantil. 

                  
              Viva esta festa da primavera!

Máis información:

Blog Centro Atalaia
Blog EEI Monte da Guía