19 de nov. de 2014

Día do peón



“Polo San Martiño peóns ao camiño”


Como todos os anos o 11 de novembro celebramos “ O día o peón”; este ano coa sorte de recibir a visita de dous maiores do Centro de Día Atalaia: Jose e Bene, que nos recordaron a todos como eran os péons cando eles eran cativos, o tipo de madeira coa que se construía, a punta do peón, a corda coa que se fai bailar, e o máis importante…Como se facía bailar o peón.



Logo, ao rematar estivemos todos practicando con eles no recreo, poñendo en práctica as súas leccións de sabiduría.


Moitas grazas Jose e Bene por compartir connosco os vosos saberes.
Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS da nosa web

15 de maio de 2014

Ríos que falan



Onte o alumnado de 4º tivo unha clase moi especial.
En realidade foi un obradoiro, organizado dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, que lles permitiu, achegarse a un mellor coñecemento dos nosos ríos e ampliar o seu vocabulario en lingua galega.
Nomes de animais que viven no río e da vexetación que hai a súa beira foron palabras moi usadas ao longo da xornada. 
En equipos de catro, crearon maquetas que representaban o río, o seu ámbito e todo o que hai ao seu arredor. Por suposto sen esquecer os carteis cos nomes do vocabulario aprendido.
Foi unha boa experiencia.
Comprobade como traballaron en equipo e o ben que quedaron as maquetas.

 
Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS da nosa web.

2 de mar. de 2014

Entroido 2014


Como xa estamos afeitos a movernos como peixes na auga, este curso escollemos para os nosos disfraces unha temática "beeeen mollada".
A mañá de Entroido, o patio do noso colexio converteuse  en todo "Un mar de disfraces" polo que desfilaron atrevidos mergulladores, marchososos polbiños, peixiños de cores, aterradoras quenllas, simpáticos Bob Esponxas e impresionantes estrelamares.
Mirade que fermosos eran os nosos disfraces e con que gracia os levabamos.


Máis fotos na GALERÍA DE IMAXES da nosa web

17 de feb. de 2014

Paz 2014



 O día da Paz celébrase o 30 de xaneiro e conmemora a data na que faleceu Ghandi.
 
Como xa é costume para conmemorar esta data, no noso cole temos unha exposición de libros que falan de amizade, tolerancia, xustiza, aprecio polos demais, colaboración,  igualdade... 
O alumnado pode visitala en horario lectivo, no recreo e polas tarde coas súas familias.



Este ano,  baixo o lema "En sintonía coa PAZ", preparamos un mural representando o símbolo da paz con mans decoradas polos nenos. Cada neno tiña que decorar un debuxo dunha man e escribir nela unha mensaxe de Paz.


 
Ademais preparamos unha canción que contiña valores que fomentan a Paz. A escollida este ano foi ”Estamos en sintonía”.
Na hora de Fervello, representando o símbolo da Paz, colocámonos todos e cantamos a canción no ximnasio.




Pasámolo pipa todos cantando a canción movendo os brazos ao son da melodía!