20 de nov. de 2016

SACOS AROMÁTICOS


O alumnado de 3º e 4º participamos neste obradoiro tan interesante ofertado polo Servizo se Normalización Lingüística do Concello.
Da man de Marcelo achegámonos ao coñecemento dalgunhas plantas aromáticas, ao seu nome, ao seu cheiro e as súas propiedades medicinais.

E, para rematar, elaboramos os nosos propios sacos aromáticos.
Mirade como os fixemos:
QUE BEN CHEIRABAN!!!

9 de nov. de 2016

Samaín

Un ano máis, polo Samaín, as nosas familias lograron sorprendernos
coa decoración das cabazas. Vaia imaxinación!!!


 MIRADE QUE ORIXINAIS

 

12 de maio de 2016

MAIOS



O NOSO MAIO ESTÁ NA RÚA
Agradecemos a José Manuel, o porteiro vixiante do centro, a tod@s as nais, pais, rapaces, rapazas e mestres e mestras que colaboraron na construción, recolección de flores, elaboración dos colares, etc para que este bonito Maio adorne, xunto con outros, a rúa Sanxurxo Badía do noso benquerido barrio de Teis!!!


 Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra (1880)

8 de mar. de 2016

24 F: Día de ROSALÍA



En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro (1837-1885) ocupa un lugar fundamental nas nosas letras. O seu avanzado pensamento político e a súa posición crítica intelectual fan dela unha figura literaria moi relevante; por iso, no noso colexio traballamos a súa obra en todos os cursos, dende os máis pequenos rapeando un dos seus poemas ata os maiores tratando de entender algún dos seus máis coñecidos poemas. 


En 1863 publicou Cantares Gallegos,o primeiro libro escrito integramente
en galego, obra que deu comezo ao ‘Rexurdimento’ da literatura e da cultura galega.