8 de mar. de 2016

24 F: Día de ROSALÍA



En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro (1837-1885) ocupa un lugar fundamental nas nosas letras. O seu avanzado pensamento político e a súa posición crítica intelectual fan dela unha figura literaria moi relevante; por iso, no noso colexio traballamos a súa obra en todos os cursos, dende os máis pequenos rapeando un dos seus poemas ata os maiores tratando de entender algún dos seus máis coñecidos poemas. 


En 1863 publicou Cantares Gallegos,o primeiro libro escrito integramente
en galego, obra que deu comezo ao ‘Rexurdimento’ da literatura e da cultura galega.