20 de nov. de 2018

Día do peón


Un curso máis, como xa é costume no noso colexio, celebramos o "DÍA DO PEÓN" con obradoiros impartidos polos mestres José Manuel Míllara e Manel Porteiro.
Con moita paciencia explicáronnos as partes e elementos que o compoñen, o tipo de madeira con que se fan e sobre todo déronnos uns cantos consellos para conseguir bailalo.
Aínda que ao principio non resultaba moi doado, conseguimos facelos bailar e ata houbo quen se fixo todo un experto.

Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS da nosa web

26 de xuño de 2018

A MELLOR SOPA DO MUNDO


NÓS TAMÉN CREAMOS
Os nenos/as de primeiro participaron no programa “Nós tamén creamos” do Plan Proxecta, que consiste na realización dunha curta.
Todos os alumnos escoitaron con atención os diferentes contos que o programa nos facilitou, elixindo entre todos aquel que máis lles gustou para a elaboración da curta.
Logo levaron a cabo a realización dos bocetos e personaxes en plastilina.
Fixeron o deseño da escenografía e a montaxe dos diferentes planos da filmación, gravaron as voces, a música e a curta, con diferentes programas informáticos.
Por último chegou o gran estreno mundial da nosa curta: “A MELLOR SOPA DO MUNDO”





28 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Este ano a Real Academia Galega dedicou esta data a escritora Mª Vitoria Moreno pola súa obra e pola defensa do noso idioma.
Nas clases lemos algúns dos seus libros, "Leonardo e os fontaneiros", "Eu conto, ti cantas", 
"A festa no faiado", "E haberá tirón de orellas"... 
Fixemos actividades en papel e on-line para coñecer á autora e a súa obra.
Ademáis, en todas as clases elaboramos fermosos marcapáxinas tomando como modelo as caricaturas creadas por José Manuel Míllara, mestre do noso colexio.
Por detrás decorámolos con títulos e debuxos dalgunhas das súas obras.
Ao final plastificámolos, quedaron preciosos.

9 de abr. de 2018

LUDOTECA LINGUÍSTICA

LUDOTECA  LINGÜÍSTICA

Promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, chegou a actividade “Ludoteca Lingüística” que combina a  xogos tradicionais e xogos lingüísticos para fomentar o uso do galego dun xeito lúdico.

Para ver imaxes, visita a GALERÍA DE FOTOS da nosa web.